Nuclear para Android
Port a Android do reprodutor de música de código aberto Nuclear, que só existía para escritorio, adaptado e optimizado para o móbil.
Dispoñible para full-time ou freelance, en remoto
Full Stack Developer · Backend con Laravel, PHP e APIs REST
Constrúo APIs e backends que conectan sistemas, e poño orde en código herdado sen parar o que xa funciona.
Levo máis de dous anos desenvolvendo backend con PHP, primeiro con CakePHP e agora sobre todo con Laravel. Deseño bases de datos MySQL dende cero, mantéñoas e, cando van lentas, descubro por que. Traballei en desenvolvementos novos e en aplicacións que xa estaban en produción e non se podían parar.
Non me ato a un stack. Aprender tecnoloxías novas é o que máis gozo deste oficio, e cando un proxecto pide unha linguaxe ou unha ferramenta que non domino, póñome con ela ata sacarlle partido. Así acabei traballando con Node, Python ou React Native, e levando a Android unha aplicación de escritorio escrita en TypeScript e Rust.
Interésanme a IA e a automatización, pero só onde aforran tempo de verdade. Non como moda.
–
Santiago de Compostela
CRMs e ERPs construídos dende cero, e backend e APIs REST para varias empresas.
–
Santiago de Compostela
A miña primeira empresa. Desenvolvemento, xestión de proxectos e resolución de tickets e incidencias en varias áreas.
Port a Android do reprodutor de música de código aberto Nuclear, que só existía para escritorio, adaptado e optimizado para o móbil.
Funcionalidades novas, cambios e optimización sobre o backend e as APIs dunha operadora de gran volume.
Xestión das depuradoras de toda unha rexión, con parámetros de calidade da auga en tempo real e anos de código herdado que ordenar.
CRMs e ERPs construídos dende cero para pequenas empresas, adaptados á súa forma real de traballar.