← Volver aos proxectos

Novos desenvolvementos e optimización de APIs para un operador de telecomunicacións

Funcionalidades novas, cambios e optimización sobre o backend e as APIs dunha operadora de gran volume.

Ano
2026
Rol
Backend
Sector
Telecomunicacións
  • Laravel
  • PHP
  • MySQL
  • APIs REST

Proxecto feito como empregado dunha empresa. O código e as capturas pertencen ao cliente, así que por confidencialidade non podo mostralos.

O contexto

Unha operadora de telecomunicacións con moito volume e un backend xa en produción que dá servizo a tres procesos: vendas, activacións de liña e xestión de produtos. A esa escala as APIs reciben carga constante e os datos teñen que cadrar entre sistemas. Un fallo silencioso non é unha opción.

Que fixen

Traballei sobre ese sistema existente. Desenvolvín funcionalidades novas e modifiquei as que xa había, e boa parte do traballo foi optimizar: que as APIs renderan mellor sen romper nada do que xa funcionaba.