Monitorización de augas e limpeza de código herdado
Xestión das depuradoras de toda unha rexión, con parámetros de calidade da auga en tempo real e anos de código herdado que ordenar.
- Ano
- 2024
- Rol
- Full Stack
- Sector
- IoT / infraestrutura
Proxecto feito como empregado dunha empresa. O código e as capturas pertencen ao cliente, así que por confidencialidade non podo mostralos.
O reto
Un sistema de xestión para as estacións depuradoras de augas residuais dunha rexión. Recolle e mostra en tempo real parámetros de calidade da auga: niveis químicos, lecturas de sensores… E viña con anos de código herdado enriba.
Que fixen
Parte do traballo foi mantemento e desenvolvemento novo. A outra parte, poñer orde: refactoricei módulos críticos sen parar a operación, algo que importa cando o sistema xestiona infraestrutura hídrica real.