Nuclear para Android
Port a Android do reprodutor de música de código aberto Nuclear, que só existía para escritorio, adaptado e optimizado para o móbil.
- Ano
- 2026
- Rol
- Proxecto persoal
- Sector
- Código aberto
O punto de partida
Nuclear é un reprodutor de música libre, sen anuncios nin rastrexo, feito con Tauri: TypeScript e React na interface, Rust por debaixo. Só había versións para Windows, macOS e Linux. Porteino a Android como fork non oficial, e non me limitei a meter a versión de escritorio nunha pantalla pequena.
Que fixen
- Que arrancase en Android. Separei do build móbil as integracións que só teñen sentido en escritorio e cambiei como se crean as conexións HTTPS: en Android, a verificación de certificados por defecto deixaba colgada calquera petición.
- YouTube sen yt-dlp. Android non pode executar binarios descargados, así que a busca e os streams pasan por rustypipe e a API do reprodutor de YouTube. Se Google limita as peticións, a app agarda en vez de reintentar en bucle.
- Interface pensada para o móbil. Deseño compacto por debaixo de 640 px, coa navegación e a cola en paneis laterais, táboas lexibles sen hover, botón atrás de Android e marxes do sistema.
- Reprodución en segundo plano, con notificación e controis na pantalla de bloqueo e nos auriculares.
- Escolle mellor a canción ca o orixinal. Descarta os resultados cuxa duración non cadra coa do tema (EPs completos, recompilatorios, documentais) e estima a duración cando o álbum non a trae. O seguinte tema prepárase uns 15 segundos antes de que remate o actual, así que saltar é case instantáneo.
- APK duns 22 MB, fronte aos ~650 MB das primeiras builds de depuración, axustando a compilación de Rust e eliminando recursos sen uso.
Resultado
Probado en emulador e nun móbil real con Android 13: busca, cola, reprodución coa pantalla bloqueada e saída por Bluetooth. A versión de escritorio queda intacta e os seus 691 tests seguen pasando.
Capturas


